Quen somos?
Somos un grupo de nais e de pais do colexio Luis Pimentel de Lugo, situado no barrio da Piringalla, na cidade de Lugo. No curso 2010-2011 decidimos crear unha ANPA á que lle chamamos TRiSCOS na honra de Luis Pimentel. Luis Pimentel foi un excelso poeta lugués (1895-1958) ó que se lle dedicou o día das letras galegas noa ano 1990.
No 1950 Pimentel reuniu oito dos seus poemas nun folleto —prologado por Fole— que titula Triscos e se abre co poema“Nai de Galicia”, dedicado a Rosalía.
De aí ven o nome que nós escollemos para a ANPA. Velaí un poema deste libro:
CANCIÓN PARA QUE UN NENO NON DURMA
Non durmas
meu neno pequeno…
Bule, berra, chora.
Teu pai está fora.
Racha cos pés
esta sábana
de medo.
Non peches os ollos
neno pequeno.
O vento zoa
non peches os ollos.
A morte
rolda por fora.
Vexo o río mouro
e unha folla morta.
Bule, berra, chora.
Teu pai está fora.
A nosa Xunta directiva está formada por:
- Clara Arias González, nai dunha nena de 3º C de infantil
- Miguel Angel García Folgueira, pai dunha nena de 5º B
- Elimar Nazareth Galviatti Rodríguez, nai dun neno de 1º A de primaria
- Marta Pérez Barreiro, nai dunha nena de 1º A de infantil