ANPA CEIP Luis Pimentel "Triscos"

Asociación de pais e nais do Colexio Luis Pimentel. Barrio da Piringalla. Lugo.
ANPA Triscos

   ene 31

Asóciate

RAZÓNS PARA PERTENCER E TRABALLAR NA ANPA CEIPLUISPIMENTEL TRISCOS

Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e as nosas fillas.

Pola necesidade de estar unidos para reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.

Porque o movemento de pais e nais agrupados fai que as iniciativas e peticions sexan vistos con MAIOR RESPETO por Administracions públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.

Porque existe un marco legal onde e o noso dereito participar na vida do Centro Escolar.

Pola importancia de “levar” ao Consello Escolar a presenza dos pais e nais, organizados nas APAs para DEFENDER INTERESES DE TODOS E TODAS, NON INDIVIDUAIS.

Porque si os pais e nais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos e fillas, POR QUEN O FAREMOS?

Porque si os pais e nais non somos activos e participativos, como explicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoais implicadas nunha sociedade onde poidan expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro.

Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario UNIR ESFORZOS E IDEAS.

Porque a APA debe traballar pola integración no seu contorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.

Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas.

Descarga o boletín de inscrición

Comentarios pechados.